Novos arquitectos ETSAC 2017: acto académico + palestra de Anupama Kundoo

When:
15 Decembro, 2017 @ 14:00
2017-12-15T14:00:00+01:00
2017-12-15T14:15:00+01:00
Where:
Salón de actos da ETSAC, andar 0

 

O vindeiro venres 15 de decembro celebraremos por cuarta vez, e con vocación de continuidade, o acto académico NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.

No acto académico se procederá á entrega de diplomas e contaremos coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC.

Comezaremos o evento, ás 12:00h, cunha palestra da nosa convidada ANUPAMA KUNDOO https://www.anupamakundoo.com/ baixo o título “Building knowledge, building community”.

A arquitecta india recolle, nesta ocasión, o relevo do catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro e dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso que disertaron nas anteriores edicións.

Ao remate, beberemos un viño e brindaremos polo éxito dunha nova promoción, a da ETSAC do 2017, mentras escoitamos ao dúo de jazz de Pablo Añón e Rubén Deschamps.

Os nosos parabéns aos 175 novos arquitectos ETSAC de 2017!

Agradecemos, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio.

Estades todos convidados.

Máis información: NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017 cartaz