III Feira da Sustentabilidade. Feira de Nadal

When:
12 Decembro, 2012 @ 11:00 – 19:00
2012-12-12T11:00:00+00:00
2012-12-12T19:00:00+00:00
Where:
Facultade de Economía e Empresa
Campus de Elviña
Universidade Da Coruña, A Coruña
España
III Feira da Sustentabilidade. Feira de Nadal  @ Facultade de Economía e Empresa | A Coruña | Galicia | España

III Feira da Sustentabilidade. Feira de Nadal 

12 decembro 2012. Facultade de Economía e Empresa. Campus Elviña

O 12 de decembro celébrase a III Feira da Sustentabilidade na UDC. Aproveitaremos a chegada do Nadal para achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente.  Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo dos e das artesáns. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer xogos tradicionais.

Un membro do  Proxecto Fiare explicaranos en que consiste o  proxecto da banca ética (charla-debate).

E por ultimo, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco

Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da universidade de A Coruña, no campus de Elviña, nun horario de 11h a 19h.

 

Programa

11.00 h Apertura da III Feira de Nadal

11:15 h Inauguración da III Feira de Nadal

11.30 h Charla- debate: Fiare, Banca  ética (a cargo de Raúl Asegurado, presidente da asociación Fiare Galiza). Salón de Graos, 2º Andar

12.30 h Obradoiro: Cestería con papel. FEITO CON XEITO. 1º Andar

17:00 h Obradoiro: Cosméticos naturais. ADEGA. 1º Andar

Ademais en horario continuado.

Exposición de xogos tradicionais. A casa dos xogos. 1º Andar

Mercadiño de Troco. 1º Andar

 

Máis información:

 

Cartel e Programa da Feira en http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/actualidade/feiranadal2012.html