Exposición: ARTEIXO PATRIMONIO ROMÁNICO

When:
17 Xaneiro, 2013 – 28 Febreiro, 2013 all-day
2013-01-17T00:00:00+00:00
2013-03-01T00:00:00+00:00

Poucos municipios de Galicia conservan unha pegada patrimonial medieval, e máis concretamente románica, tan interesante como o Concello de Arteixo. As igrexas conservadas proceden nalgúns casos de vellos mosteiros mentres outras son igrexas rurais, con numerosos restos do período románico, como ábsidas, fachadas, muros laterais, canecillos, xanelas e portadas. Épocas de prosperidade ou a simple necesidade de reparación, modificaron séculos despois o seu aspecto orixinal, sen que con eles perdesen o interese e o valor arquitectónico que tratamos de resaltar nesta mostra.

Coa colaboración do Concello de Arteixo e da Deputación Provincial da Coruña, o Departamento de Composición presenta esta montaxe expositiva, realizado por estudantes da ETSA, Doutoramento e Máster do Departamento, baixo a dirección dos profesores da Materia de Historia da arte.

APR_01