5ª SESIÓN DO SEMINARIO HÁBITAT A ESCALA HUMANA

When:
17 Xullo, 2014 @ 16:30 – 18:30
2014-07-17T16:30:00+00:00
2014-07-17T18:30:00+00:00
Where:
Salón de Actos ETSAC

O próximo xoves 17 de xullo terá lugar no Salón de Actos da ETSAC a última conferencia da segunda edición do seminario Hábitat a Escala Humana, que versará sobre as Tecnoloxías Apropiadas.

Cartel Seminario HaEH sesión 5

ALEJANDRO FERNÁNDEZ
“Cara ao empoderamento tecnolóxico…”
Arquitecto e urbanista que dende o 2006 se dedica á investigación en tecnoloxías apropiadas e procesos participativos en contextos rurais e urbanos. No seu traballo ocúpase do uso de materiais tradicionais e naturais dende unha perspectiva contemporánea, a etnografía, a paisaxe, a arquitectura, a agricultura, o rururbano, a memoria colectiva, o urbanismo participativo… En 2010 formou o Laboratorio de Investigación en tecnoloxía/s apropiada/s con sede en Vigo.

ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS | SERGIO FERNÁNDEZ
“Tecnoloxía para o desenvolvemento humano, máis aló das tecnoloxías apropiadas”
Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), voluntario da ONGD Enxeñería sen Fronteiras Galicia dende 1998 e técnico de proxectos e educación para o desenvolvemento dende 2008. Realizou investigacións en temas de xestión comunitaria de montes en Galicia e modelos de desenvolvemento rural, e traballos en ordenación territorial e sistemas de información xeográfica. Conta con experiencia como personal expatriado en Centroamérica.

+ información: http://www.udc.es/dhabitat/novas/2014/20140715SeminarioSesion5.html