Ciclo voluntariado ambiental OMA UDC. DA RECICLAXE A RESIDUOS CERO

When:
26 Febreiro, 2014 @ 16:30 – 18:00
2014-02-26T16:30:00+00:00
2014-02-26T18:00:00+00:00
Where:
Salón de Graos do Edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura

DA RECICLAXE A RESIDUOS CERO 

O próximo mércores  26 de febreiro organizamos unha charla sobre a xestión de residuos: da reciclaxe a residuo cero. A situación na UDC

A Universidade da Coruña busca ser punteira na xestión de residuos, a través de 3 liñas de actuación: prevención, reciclaxe de papel e compostaxe. Neste senso a universidade posúe un plan de Xestión de Residuos que comprende actuacións de varios tipos: infraestrutura, informativo e de xestión e de seguimento, inspección e avaliación.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o plan de Xestión de Residuos da UDC e as actuacións que se están a levar a cabo para que o tratamento de residuos vaia mellorando. A separación correcta de residuos así como as actividades pioneiras de compostaxe que se están a levar a cabo contribúen a minimizar os problemas que xeran os residuos derivados das actividades que realizamos diariamente. Teremos a oportunidade de escoitar a Ramón Plana, experto en xestión de residuos e experiencias de compostaxe, ademais participou no plan se Xestión de Residuos da UDC.

Ao remate visitaremos as áreas de compostaxe da ETS de Arquitectura e da EU de Arquitectura Técnica.

 

A actividade “Residuos na UDC” estará organizada da seguinte forma:

16.30 – Salón de Graos do Edificio de Departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura.

Relator:  Ramón Plana

Presentación: Manuel Soto

17.30- visita experiencias de compostaxe de residuos de comedor na UDC

Para ir comezando animámosvos a que botedes un ollo á seguinte presentación:

http://prezi.com/a0glazspuwzf/sabias-que/

 

Animádevos a participar, resultaravos moi interesante! Inscribídevos no correo oma3@udc.es !

 

Máis información:

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Oficina-de-Medio-Ambiente-UDC
Twitter: https://twitter.com/OMA_UDC