Aviso: corte subministración eléctrica por mantemento dos Centros de Transformación

Cuando:
3 Xaneiro, 2018 a las 10:30 – 21:00
2018-01-03T10:30:00+01:00
2018-01-03T21:00:00+01:00

Dende o Servizo de arquitectura, urbansmo e equipamentos da UDC indícannos os horarios para a realización dos mantementos nos centros de transformación e aproveitamento para probas en carga de grupos electróxenos no nadal de 2017.

03.01.2018. 11:00h. ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA.
03.01.2018. 15:30h. EDIFICIO DEPARTAMENTOS ETSAC

“Durante o corte sería desexable que os centros comprobasen o funcionamento dos ascensores e unha iluminación mínima en pasillos para posibilitar unha evacuación segura en caso de fallo de alimentación eléctrica, notificando aquelas circunstancias que perciban coma anómalas.”

O corte terá unha duración aproximada de 2 horas e durante ese tempo soamente terán subministración eléctrica os equipos conectados ao grupo de emerxencia.

E recomendable desconectar da rede os equipos de electrónica sensible por se houbese algún pico de tensión nas conmutacións.