Iacobus: final jury @ ETSAC

Cuando:
1 Xuño, 2018 a las 9:30 – 14:30
2018-06-01T09:30:00+02:00
2018-06-01T14:30:00+02:00

 

 

Esta actividade congrega a un total de 56 alumnos procedentes das Escolas de Arquitectura de Clermont-Ferrand (ENSACF – 37 alumnos), OTH de Ratisbona (9 alumnos), NUACA de Ereván (Armenia, 4 alumnos) e A Coruña (6 alumnos), ademais de profesores e representantes institucionais das entidades participantes. Os alumnos realizan as súas propostas sobre o Stadtlagerhaus Regensburg, un antigo sistema de silos no porto fluvial do Danubio en Ratisbona, actualmente aínda en uso. A intención das autoridades municipais, en colaboración coa Autoridade Portuaria, é converter ese ámbito nunha zona de servizos culturais para a cidade. Os alumnos propoñen un centro para a integración das Artes e a Cultura, nun programa moi aberto que busca, por unha banda, a asimilación do Patrimonio Industrial e, pola outra, a integración de refuxiados e desprazados a través das oportunidades que ofrece invitalos á sociedade a través da cultura.

Presentaranse un total de 26 proxectos, nunha xornada que ocupará ata as 9 da tarde. Ademais de destacar catro proxectos, un por Escola, otorgarase o Premio Rafael Baltar ao proxecto que, a xuízo do xurado internacional encargado de valoralos, teña máis calidade. O premio fai honra ao catedrático de Proxectos Arquitectónicos da UDC, Rafael Baltar, impulsor do convenio de colaboración IACOBUS que – dende os seus inicios en 1995 – leva xa 23 edicións consecutivas.

A presentación da xornada correrá a cargo do reitor da UDC, Julio Abalde, o director da ETSAC, Fernando Agrasar, o profesor da UDC Felipe Peña, a coordinadora da NUACA de Ereván Emma Harutyunyan, o director da OTH – Arquitectura de Ratisbona, Andreas Emminger e o coordinador da ENSACF de Clermont-Ferrand Yvon Cottier.